"O cinema non ten fronteiras nin límites. É un fluxo constante de soños."

Orson Welles



EL CLUB DE LOS POETAS MUERTOS

Director: Peter Weir (1989)
(Rex. 1613)

Outono de 1959. A Academia Welton, un internado privado moi tradicional, situado nas montañas de Vermont, vai comezar o ano lectivo cun novo profesor de literatura chamado John Keating (Robin Williams). Este, con métodos bastante heterodoxos, vai lograr pouco a pouco que os seus alumnos comecen a pensar por si mesmos e descubriralles que cada un ten nas súas mans facer da súa vida algo extraordinario. A súa arriscada proposta é recibida de distinto xeito por uns adolescentes aínda inmaturos e idealistas, ata que desemboque a traxedia. Pero ningún deles poderá esquecer xamais o profesor que os cambiou para sempre.


Ficha técnica

Guía didáctica

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Deseño logo: shouvas