"O cinema non ten fronteiras nin límites. É un fluxo constante de soños."

Orson Welles



O CID, A LENDA

Director: José Pozo (2003)
(Rex. 1805)
(Rex. 1826)

Rodrigo é un perfecto candidato a heroe. Fillo dun nobre castelán, a súa vida transcorre entre a educación na corte, as aventuras que comparte co seu mellor amigo Sancho e as furtivas visitas á súa amada Gimena, a filla do Conde de Gormaz. A Rodrigo, aposto, novo, divertido e valente, preséntaselle un futuro resplandecente. Pero os tempos de felicidade non duran eternamente, e tras a morte do Rei Fernando, Rodrigo vese envolvido nun mundo de tramas e conspiracións que acabarán coa vida de Sancho e a conseguinte coroación do infante Alfonso. De súpeto, Rodrigo perde todo aquilo que adquiriu sen esforzo, o seu mellor amigo e o amor da súa amada Gimena, sendo inxustamente desterrado de Castela e sen honra. Afastado do seu fogar e en territorio hostil, Rodrigo e uns poucos homes, coa especial axuda do príncipe Al-Mutamin, inician unha aventura chea de acción e paixón que xamais esquecerán, recuperando territorios e facendo fronte ao temible Ben Yussuff, acérrimo inimigo do flamante Rei Alfonso, e empeñado en conquistar toda a península. No seu esforzo por reclamar o perdón do seu Rei, e en busca de recuperar a súa posición e o amor de Gimena, Rodrigo descobre os profundos valores universais da amizade e a honra.


Ficha técnica


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Deseño logo: shouvas