"O cinema non ten fronteiras nin límites. É un fluxo constante de soños."

Orson Welles



QUIERO SER COMO BECKHAM

Director: Gurinder Chadha (2002)
(Rex. 1751, 10238)





Jess ten dezaoito anos e os seus pais queren que sexa unha encantadora e convencional rapaza india. Pero ela soamente quere xogar ao fútbol como o seu heroe, David Beckham, a estrela do Manchester United. Para Jess, iso significa darlle patadas a un balón no parque cos seus amigos, ata que a descobre Jules, unha moza que a invita a unirse ao equipo de fútbol feminino local. As rapazas teñen a mesma idade e comparten os mesmos soños. Ao tempo que se vai consolidando a súa amizade, o equipo empeza a viaxar para xogar noutras cidades. Pero os pais de Jess non entenden por que non se calma, estuda dereito e aprende a cociñar. Non entenden por que non pode parecerse á súa irmá maior, Pinky, que está prometida co home axeitado. Jules soña con xogar na liga feminina de fútbol de Estados Unidos, pero o que desexa a súa nai é que sexa un pouco máis feminina. ¿Como vai atopar noivo se nin sequera se pon un vestido? Pero Jules e Jess séntense atraídas polo mesmo home, o único no que non poden fixarse, Joe, o seu adestrador.




Ficha técnica


Guía didáctica

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Deseño logo: shouvas