"O cinema non ten fronteiras nin límites. É un fluxo constante de soños."

Orson Welles



EL MAGO DE OZ

Director: Victor Fleming (1939)
(Rex. 1787)

Dorothy (Judy Garland) anhela viaxar "máis alá do arco da vella" a unha terra diferente e o seu desexo faise realidade cando un tornado levaa xunto ao seu cadelo ao mundo de Oz. Pero a aventura só acaba de comezar; Dorothy, tras ofender á Malvada Bruxa do Oeste, e por suxestión da Bruxa Boa do Norte , diríxese polo camiño amarelo cara á Cidade Esmeralda, onde vive o todopoderoso Mago de Oz, que pode axudar á nena a regresar a Kansas. Polo camiño, faise amiga do Espantallo, o Home de Folla de lata e o León Covarde. O Espantallo ansía un cerebro, o Home de Folla de lata quere un corazón e o León desexa a coraxe que lle falta; como cren que o Mago lles pode axudar a eles tamén, deciden unirse a Dorothy na súa odisea ata a Cidade Esmeralda.


Ficha técnica

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Deseño logo: shouvas