Director: Lawrence Kasdan (1995)
(Rex. 1789)
Kate é unha recatada rapaza con todo o seu futuro planeado: casarse co seu noivo Charlie e vivir felices para sempre. Só existe un atractivo e sensual "problema" chamado Juliette, unha bela francesa da que Charlie se namora nunha viaxe de negocios a París. Disposta a recuperar o seu amor, Kate marcha a París en avión. A bordo coñece a Luc, un ladrón co que non parece ter nada en común. Por se fosen poucos os problemas de Kate, todo se complica aínda máis cando, para non espertar sospeitas na alfándega, Luc mete sen que ela se de conta un colar roubado no seu bolso. Sen saber como nin por que, Kate vese viaxando por toda Francia descubrindo xunto a Luc todo o encanto do país... e algo máis.
Ficha técnica
Ningún comentario:
Publicar un comentario