Director: M. Night Shyamalan (2000)
(Rex. 1779)
Tan estraño como o caso de Elijah Price (Samuel L.Jackson) é o de David Dunn (Bruce Willis). O primeiro sofre unha rarísima enfermidade ósea que converte o seu esqueleto nunha estrutura fragilísima constantemente susceptible de ser fracturada. O segundo posúe unha incrible resistencia ante toda sorte de accidentes que o converte practicamente nun caso de auténtica fortuna física andante; de feito, Dunn, entre outras cousas, é o único supervivente dunha catástrofe ferroviaria. Trátase de dous seres humanos en principio tan normais como diametralmente opostos nas súas circunstancias físicas, persoais e familiares. Entre ambos os dous entaboarase unha peculiar relación
Ficha técnica
Ningún comentario:
Publicar un comentario