(Rex. 1748)
Na atormentada Belfast dos anos 70, Gerry (Daniel Day-Lewis) é un canalla que só sabe beber e ir de esmorga, para desgusto do seu pai Giuseppe (Pete Postlethwaite), un home tranquilo e educado. Cando Gerry se enfronta ao IRA, o seu pai mandao a Inglaterra, pero remata no sitio equivocado no momento equivocado. Aínda que é inocente vese obrigado a confesar a súa participación nun atentado terrorista e é condenado a cadea perpetua xunto ao resto dos "catro de Guildford". O seu pai Giuseppe é tamén arrestado e encarcerado, e durante a súa estanza no cárcere, Gerry descobre que a aparente fraxilidade do seu pai esconde en realidade unha gran forza e sabedoría interior. Coa axuda dunha avogada entregada á causa (Emma Thompson), Gerry proponse demostrar a súa inocencia, limpar o nome do seu pai e airear a verdade dun dos máis lamentables erros legais da historia recente.
Ficha técnica
Guía didáctica
Ningún comentario:
Publicar un comentario