"O cinema non ten fronteiras nin límites. É un fluxo constante de soños."

Orson Welles



EL ULTIMATUM DE BOURNE

Director: Paul Greengrass (2007)
(Rex. 1569)
Treadstone, o programa de operacións secretas que creou a Jason Bourne (Matt Damon), xa non existe. Foi absorbido polo programa Blackbriar, do Departamento de Defensa, que lanzou á rúa unha nova xeración de asasinos profesionais a disposición do goberno e a existencia da cal é descoñecida. Para eles, Bourne debe ser eliminado; para el, eles son o único elo que lle une a unha vida que se esforzou en esquecer. Bourne chegou ao final do camiño. Esta vez non lle abondarán as promesas baleiras dos seus antigos amos; tampouco se deterá ao matar os que o perseguen sen tregua. Non lle queda nada que perder e servirase de todo o que lle ensinaron, de todos os seus instintos para chegar ata os seus creadores e rematar dunha vez por todas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Deseño logo: shouvas