Director: Etienne Chatiliez (2001)
(Rex. 1737)
Tanguy é brillante nos seus estudios, encantador, sedutor e segue vivindo na casa dos seus pais. Os Guetz viven en plena harmonía ou, polo menos, iso parece, porque realmente a súa nai, Edith, xa non aguanta a Tanguy, e non se sente nada orgullosa de si mesma por sentir certo rexeitamento cara á carne da súa carne. Afortunadamente, cando remate a súa tese de chinés, Tanguy instalarase en Beijing. Por iso Edith conta os días e compórtase como unha nai amantísima, sonriente por fóra, aínda que rota por dentro. pero o día que Tanguy anuncia que vai atrasar un ano máis a súa saída da casa, Edith explota, e xunto ao seu marido Paul, deciden empezar a facer a vida imposible o seu propio fillo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario