"O cinema non ten fronteiras nin límites. É un fluxo constante de soños."

Orson Welles



LA LEY DEL SILENCIO

Director: Elia Kazan (1954)
(Rex.1661)

Terry Malloy (Marlon Brando), un mozo que non quere problemas, traballa cando pode no porto de Nova York. Pero non sempre hai traballo, e para conseguilo hai que formar parte do sindicato de estibadores, ou seguirlles a corrente. O sindicato de estibadores está corrompido polas chantaxes e o favoritismo. Todos o saben pero ninguén pode actuar contra eles. Unha noite, Terry é testemuña dun asasinato, cometido por uns membros do sindicato. O morto é alguén que sabía demasiado acerca dos negocios sucios do sindicato. Terry ten un irmán maior (Rod Steiger), que mantén a súa fidelidade ao sindicato. Entrementres, Terry namórase dunha doce rapaza (Eva Marie Saint). Ela e a súa familia anímano a enfrontarse ao poderoso sindicato.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Deseño logo: shouvas