"O cinema non ten fronteiras nin límites. É un fluxo constante de soños."

Orson Welles



PRINCESA POR SORPRESA

Director: Garry Marshall (2001)
(Rex. 1624)

A vida de Mia Thermopolis (Anne Hathaway), unha tímida adolescente que vive en San Francisco, dá un gran xiro cando descobre que é unha princesa de verdade, herdeira da coroa do diminuto principado europeo de Genovia. Mia inicia unha divertida viaxe para ocupar o trono, pero a súa estrita e incrible avoa, a Raíña Clarisse Renaldi (Julie Andrews), irrompe na súa vida para darlle as clases de protocolo dignas dunha princesa. Pero as dúas non tardan en enfrontarse: Mia non ten a menor intención de deixar a súa vida para gobernar un país tan afastado, mentres que a Raíña Clarisse insiste en que debe cumprir co seu deber. Clarisse está decidida a pulir este diamante en bruto para que ocupe o sitio que lle corresponde na liña sucesoria. A reticente princesa enfróntase á elección máis importante da súa vida: seguir coa súa familia ou deixalo todo e aceptar as responsabilidades que se derivan de ser princesa.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Deseño logo: shouvas