"O cinema non ten fronteiras nin límites. É un fluxo constante de soños."

Orson Welles



LA PESADILLA DE DARWIN

Director: Hubert Sauper (2004)
(Rex. 1610)

No corazón de África, nalgún tempo nos anos 60, un novo peixe foi introducido artificialmente no lago Victoria como un pequeno experimento científico. Consecuentemente esta especie, chamada actualmente a perca de Nilo, extinguiu a práctica totalidade dos peixes autóctonos. O voraz predador multiplicouse tan rápido que os seus brancos filetes son hoxe exportados por todo o mundo. Os pesados avións ex soviéticos veñen diariamente para recoller percas a cambio de kalashnikovs e municións para as incontables guerras no escuro centro do continente.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Deseño logo: shouvas