"O cinema non ten fronteiras nin límites. É un fluxo constante de soños."

Orson Welles



MICHAEL COLLINS

Director: Neil Jordan (1996)
(Rex. 1626)

O irlandés Neil Jordan escribe e dirixe un filme que anhelara facer durante anos. Un cadro da independencia do seu país, a través da vida do carismático líder Michael Collins (Liam Neeson). A película describe as súas actuacións, dende o levantamento de Pascua de 1916 ata a súa morte en atentado terrorista, en 1922, en circunstancias non aclaradas. Jordan fustriga sen contemplacións o dominio británico sobre a illa, de modo que os atentados promovidos por Collins se presentan como o único xeito de obter a independencia. Sen aforrar crueza ao mostrar estas accións violentas, o director rodéaas dunha aura romántica, ao estar dirixidas cara a as forzas de ocupación, e porque se contrapoñen coas duras represalias dos ingleses, como a matanza do estadio, unha das secuencias mellor resoltas do filme.

Ficha técnica

Guía didáctica

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Deseño logo: shouvas