"O cinema non ten fronteiras nin límites. É un fluxo constante de soños."

Orson Welles



LOS CHICOS DEL CORO

Director: Christophe Barratier (2004)
(Rex. 1556)
(Rex. 1566)

En 1949, Clément Mathieu, profesor de música en paro, empeza a traballar como vixilante nun internado de reeducación de menores. Especialmente represivo, o sistema de educación do director Rachin apenas logra manter a autoridade sobre os alumnos difíciles. O mesmo Mathieu sente unha íntima rebeldía ante os métodos de Rachin e unha mestura de desconcerto e compaixón polos rapaces. Nos seus esforzos por achegarse a eles, descobre que a música atrae poderosamente o interese dos alumnos e entrégase á tarefa de familiarizalos coa maxia do canto, ao tempo que vai transformando as súas vidas para sempre.

Ficha técnica
Ver trailer

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Deseño logo: shouvas