"O cinema non ten fronteiras nin límites. É un fluxo constante de soños."

Orson Welles



SCOOBY-DOO Y LOS INVASORES ALIENÍGENAS

Director: Jim Stenstrum (2000)
(Rex. 1744)

Scooby, Shaggy e o resto da cuadrilla tratan de resolver un misterioso caso sobre OVNIS... ¡ na súa aventura máis intergaláctica! Perdidos nunha pequena cidade do deserto, o grupo pronto descubrirá que o lugar se encontra repleto de obxectos voadores non identificados, estraños científicos... ¡ e extraterrestres pouco amigables! Despois de ser perseguidos polos alienígenas e estar secuestrados dentro dun OVNI, algo mesmo máis misterioso lles vai acontecer a Shaggy e Scooby: ¡os dous namóranse tolamente! Mentres que todas as pistas sobre o caso dos invasores lles conducen ata unha base secreta do goberno e a numerosas covas ocultas, os nosos namorados heroes se unen ao resto do grupo dispostos a desvelar un divertido misterio sobrenatural.

Ficha técnica

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Deseño logo: shouvas