"O cinema non ten fronteiras nin límites. É un fluxo constante de soños."

Orson Welles



LOVE ACTUALLY

Director: Richard Curtis (2003)
(Rex. 1791)

O novo primeiro ministro namórase dun membro do seu gabinete aos poucos minutos de tomar posesión do seu despacho no 10 de Downing Street... Un escritor escapa ao Sur de Francia para repoñerse dunha desilusión amorosa e namórase de novo nun lago... Unha muller felizmente casada sospeita que está a perder ao seu marido... Unha acabada de casar interpreta mal a actitude do mellor amigo do seu marido... Un escolar quere espertar o interese da rapaza máis desexada do colexio... Un padrasto que quedou viúvo trata de conectar cun fillo ao que apenas coñece... Unha executiva arríscase a dar o primeiro paso cun compañeiro de traballo de quen leva tempo namorada... Un vello rockero que viviu moito pero non se acorda de nada prepara a súa reaparición final ao seu peculiar xeito... O amor, o grande enredador, a todos os iguala á hora de complicarlles a vida. Os amores e as vidas de todos estes cidadáns de Londres mestúranse e entrecruzan no día de Nadal, con resultados románticos, divertidos e agridoces para todos os que tiveron a fortuna (ou o infortunio) de namorarse.



Ficha técnica

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Deseño logo: shouvas