"O cinema non ten fronteiras nin límites. É un fluxo constante de soños."

Orson Welles



BILLY ELLIOT

Director: Stephen Daldry (2000)
(Rex. 1790)
(Rex. 1869)

En 1984, durante unha folga de mineiros no condado de Durham, os enfrontamentos entre piquetes e policía están á orde do día. Entre os que protestan con máis vehemencia atópanse Tony e o seu pai. Este último empeñouse en que outro fillo seu máis pequeno, Billy, reciba clases de boxeo. O rapaz ten un bo xogo de pernas, pero carece por completo de pegada. Un día, no ximnasio, Billy fíxase nunha clase de danza que está a impartir a señora Wilkinson, unha muller de carácter severo. Invitado a participar pola filla da profesora, Billy interésase por esa actividade. Cando o seu pai se decata de que practica unha disciplina tan pouco viril, obrígao a abandonar as clases. Pero a señora Wilkinson, que viu no rapaz un talento innato para o ballet, ofrécese a darlle clases gratuítas para que se prepare para as audicións que realizará na cidade a Royal Ballet School.


Ficha técnica

Guía didáctica


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Deseño logo: shouvas