"O cinema non ten fronteiras nin límites. É un fluxo constante de soños."

Orson Welles



PRADOLONGO

Director: Ignacio Vilar (2007)
(Rex. 1837)
Raquel, Martiño e Armando son tres amigos que acaban de cumprir a súa maioría de idade. O verán preséntase como todos os demais, con festas, tardes no río..., pero esta vez nada vai ser igual. O amor que os dous rapaces comezan a sentir por Raquel e a posible venda, á louseira do pai de Armando, de Pradolongo, un prado de alta montaña pertencente á familia de Martiño, obrigaraos a reconsiderar os seus soños e os vínculos que os mantiveron unidos dende a infancia.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Deseño logo: shouvas