Director: Roland Joffé (1986)
(Rex. 1604)
A historia transcorre no século XVIII, cando España e Portugal chegaron a un acordo político, plasmado no Tratado de Madrid, para xestionar as súas colonias americanas. Unha consecuencia "colateral" de tal tratado é que os jesuitas, que teñen unha misión en terras dos guaranís, en Brasil, deberían abandonar o lugar. Pero o pai Gabriel (Jeremy Irons), que esta á fronte da misión, resístese a deixar esas almas que ten encomendadas. Contará coa axuda dos outros pais, entre os que destaca Rodrigo Mendoza (Robert De Niro), un antigo traficante de escravos, que está a tratar de redimirse do seu pasado disoluto.
Ficha técnica
Guía didáctica
Ningún comentario:
Publicar un comentario