Director: Krzysztof Kieslowski (1993)
(Rex. 1788)
Nun accidente de coche, Julie perde ao seu esposo Patrice, un prestixioso compositor, e a filla de ambos os dous, Anna. Ao recuperarse das súas lesións, Julie decide comezar unha nova vida, independente, solitaria e anónima, afastada dos privilexios que antes gozaba. No seu propósito crúzase Sandrine, unha xornalista especializada en música que a persegue intentando probar que era Julie quen compoñía as pezas que fixeron famoso o seu marido. Tamén pretenderá entrar na súa vida Olivier, o axudante de Patrice, namorado de Julie dende moitos anos atrás, que a convence para rematar o «Concerto para Europa», unha ambiciosa obra inacabada do músico.
Ficha técnica
Ningún comentario:
Publicar un comentario