"O cinema non ten fronteiras nin límites. É un fluxo constante de soños."

Orson Welles



BIRD

Director: Clint Eastwood (1988)
(Rex. 1838)
(Rex. 2314)

A turbulenta e malograda vida de Charlie 'Bird' Parker (1920-1955) (Forest Whitaker), un dos maiores xenios do jazz de todos os tempos, virtuoso da improvisación co saxo alto e pioneiro do Bebop, narrada con exquisita sensibilidade musical. A película arranca co seu intento de suicidio en 1954 e a partir de aí intercálanse flash-backs que reconstrúen a súa axitada biografía. Intoxicado polas drogas e polo alcohol, cunha úlcera de estómago e unha cirrose, viviu unha continua loita contra a enfermidade e a morte. Pero no medio da súa traxedia compoñía unha música que revolucionou o jazz e o fixo famoso no mundo enteiro.


Ficha técnica



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Deseño logo: shouvas