(Rex. 1935)
Longametraxe de xénero documental baseado en entrevistas a setenta persoas sobre o conflito vasco. A intención é a de ofrecer, dende a súa diversidade, un retrato de múltiples aspectos dun vello problema, de base nacionalista no que a consecuencia máis desvastadora é a persistencia da loita armada de ETA. O documental está feito dende a convicción de que esta atormentada árbore vasca padece unha enfermidade, dende as súas raíces ata as súas ramas máis recentes, de carácter eminentemente político. A actitude e o obxectivo final é invitar ao diálogo entre as partes, que nestes momentos está totalmente bloqueado. A parte da idea que ninguén pode ser dono da verdade absoluta, senón que esta, aparte de definirse só en termos relativos, atopa fraccionada en cada un dos entrevistados. Trátase de dar unha oportunidade, dende o respecto, a que cada un teña dereito a expoñer o que pensa e sente, coa sa sospeita de que todos son donos dunha verdade parcial.
Ficha técnica
Páxina oficial
Guía didáctica
Ficha técnica
Páxina oficial
Guía didáctica
Ningún comentario:
Publicar un comentario