"O cinema non ten fronteiras nin límites. É un fluxo constante de soños."

Orson Welles



EL FESTÍN DE BABETTE

Director: Gabriel Axel (1987)
(Rex. 1736)

Século XIX. Nunha remota aldea de Dinamarca viven dúas irmás, anciás xa, envolvidas na nostalxia dunha afastada xuventude, na que a súa educación, profundamente puritana, as obrigou a renunciar a toda posibilidade de ser felices. Solteiras pois, viven nunha digna austeridade, ata que aparece entre elas Babette, quen chega fuxindo do terror do seu natal París. Ao pouco tempo terá oportunidade de corresponder á bondade e á calor con que foi acollida. Un bo premio de lotaría permítelle organizar unha opulenta cea cos pratos e viños da mellor gastronomía francesa. A esta cea son invitados os veciños, todos fanaticamente puritanos. Aceptan ir, pero entre si pactan non dar ningunha mostra de gozo ou desfrute do que comen e beben, porque sería pecaminoso. Non obstante, é tal a forza sedutora das viandas que, pouco a pouco, nun cerimonial intenso e emotivo, van cedendo á sensualidade que implica gozar dos prodixios da cociña francesa.

Ficha técnica



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Deseño logo: shouvas