Director: Tod Browning (1931)
(Rex. 1627)
Unha das primeiras versións do mítico vampiro a cargo da Universal -produtora que se especializou nas primeiras décadas no cinema de terror-, e que obtivo un grande éxito de crítica e público. O conde Drácula cambia a súa residencia dende os Cárpatos a Occidente. Para iso procúrase ao contable que o visita para acompañalo na súa mudanza como servidor. Unha vez instalado, coñece a unha moza, xa prometida, de quen se namora. Comezará a visitala polas noites, para ir bebendo o seu sangue pouco a pouco, e convertela así na súa esposa. Pero o malestar que sofre a nova alerta á súa familia, que contacta co doutor Van Helsing.
Ficha técnica
Ningún comentario:
Publicar un comentario