Director: Rudolph Maté (1961)
(Rex. 1897)
Este cegador drama baseado en feitos reais acontecidos en Grecia 480 anos A.C, narra a historia do soldado grego Leónidas (Richard Egan) que liderou a un grupo de trescentos soldados espartanos contra un impoñente exército persa na batalla das Termópilas. Incapaz de recrutar o número de soldados necesarios para defender un outeiro estratéxico contra o avance do rei Persa Xerxes, Leónidas prepárase de tódolos xeitos para a batalla. Cando lle advirten de que o seu minúsculo exército se enfrontará contra unha chuvia de frechas capaz de "ocultar o sol", Leónidas replica que o seu exército "loitará na sombra". Coa súa magnífica fotografía e a súa sublime banda sonora, esta historia de coraxe e sacrificio é un exemplo espectacular de creación cinematográfica cargada de inspiración.
Ficha técnica
Ningún comentario:
Publicar un comentario