Director: David Guggenheim (2006)
(Rex. 1923)
Os seres humanos están sentados nunha bomba de reloxaría. Se a maioría dos científicos do mundo teñen razón, quédannos apenas dez anos para evitar unha catástrofe de grandes proporcións que podería facer entrar o clima do planeta nunha espiral destrutiva con temperaturas extremas, inundacións, secas, epidemias e ondadas de calor ata agora descoñecidas. Unha catástrofe preparada polos homes. O ex vicepresidente Al Gore, despois de perder as eleccións de 2000 decidiu cambiar de rumbo e adicarse a axudar a salvar o planeta expoñendo os mitos e ideas equivocadas acerca do quentamento global e da súa prevención. Este conmovedor retrato de Al Gore e do seu "espectáculo itinerante de quentamento global" mostra a un home divertido, aberto e disposto a todo para facer chegar á maior cantidade de xente posible a sorprendente verdade acerca do que el chama "a emerxencia planetaria" antes de que sexa demasiado tarde. As peores tormentas coñecidas en Norteamérica tiveron lugar en 2005 e Al Gore non morde a lingua á hora de explicar o que está a pasar. O documental, ademais de expoñer claramente os feitos e de facer algunhas predicións, conta a historia persoal de Al Gore, dende o universitario idealista que empezou a preocuparse pola crise ambiental a escala mundial, pasando polo novo senador que debeu enfrontarse a unha terrible traxedia familiar, ata o home que case chegou a presidente pero que regresou á súa primeira paixón, o medioambiente, convencido de que aínda se podía facer algo.
Ficha técnica
Ningún comentario:
Publicar un comentario