"O cinema non ten fronteiras nin límites. É un fluxo constante de soños."

Orson Welles



EN EL MUNDO A CADA RATO

Director/a: Patricia Ferreira, Pere Joan Ventura, Chus Gutierrez, Javier Corcuera, Javier Fesser (2004)
(Rex. 1924)
(Rex. 1967)

Producida por TUS OJOS en colaboración con UNICEF como unha contribución do cinema á protección dos dereitos da infancia no mundo, componse de cinco historias que abordan as cinco prioridades de UNICEF, a educación das nenas, o desenvolvemento integrado na primeira infancia, a inmunización, a loita contra o VIH/SIDA e a protección contra a violencia, a explotación, e a discriminación. Cinco historias diferentes rodadas en distintos países do mundo e onde os protagonistas son os nenos: O SEGREDO MELLOR GARDADO, rodada en India, A VIDA EFÉMERA, rodada en Guinea Ecuatorial, OS SETE SUMIDOIROS, rodada en Arxentina, FILLAS DE BELÉN, rodada en Perú e BINTA E A GRANDE IDEA, rodada en Senegal.


Ficha técnica

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Deseño logo: shouvas