"O cinema non ten fronteiras nin límites. É un fluxo constante de soños."

Orson Welles



ITALIANO PARA PRINCIPIANTES

Director: Lone Scherfig (2001)
(Rex. 1763)

O novo cura Andreas chegou á súa nova parroquia nunha cidade pequena e gris. Ten que substituír o párroco Wredmann quen se puxo a mal cos fregueses. O resentido Wredmann atrincheirouse na casa do párroco e non ten ningunha intención de dar acubillo o novo cura, polo que Andreas vese obrigado a aloxarse nun hotel. No hotel atopa o tímido e angustiado conserxe, Jorgen Mortensen, que ten en que pensar. En primeiro lugar, acáballe de pedir o xefe do hotel que despida o seu amigo da infancia, Hal-Finn, e, en segundo lugar, está profundamente namorado da beleza latina Giulia, pero non remata de confesarllo. Evidentemente complícase máis o feito de que ela non comprende danés e el, por de pronto, só alcanza a pedir unha Jolly Cola (a versión danesa de Coca Cola) en italiano.

Ficha técnica


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Deseño logo: shouvas