Director: Chris Nahon (2001)
(Rex. 1762)
Liu Jiuan, un experto axente do goberno chinés chega a París dende Shanghai para desenvolver unha delicada e ultrasecreta misión: deter un perigoso traficante de heroína. Liu vai a París para axudar a Richard, un pouco ortodoxo oficial de policía cun pequeno exército ás súas ordes. A misión é un completo desastre, pois o home ao que Liu ha de axudar o traizoa. Liu a vai atrapado nunha vasta e mortal conspiración: acusado dun asasinato que non cometeu e perseguido nunha cidade que non coñece. Sen ningún lugar a onde dirixirse, Liu únese a unha rapaza americana chamada Jessica, a quen Richard obrigou a exercer a prostitución. Mentres Jessica e Liu conspiran contra o seu taimado e cruel adversario que puxo xa en marcha as súas respectivas trampas, Liu fai a Jessica unha promesa que podería poñer en perigo a súa carreira e mesmo a súa vida.
Ficha técnica
Ningún comentario:
Publicar un comentario