Director: Deborah Kaplan, Harry Elfont (2001)
(Rex. 1868)
Josie, Melody e Val son amigas de toda a vida de Riverdale e están decididas a sacar a súa banda do garaxe e levala á estratosfera, sen deixar de ser fieis ao seu propio estilo, ao seu aspecto e ao seu son. O seu aspecto non é reflexo da última moda e non lles importa. Tampouco o é o seu son, pero elas senten todas e cada unha das palabras que cantan. E cando ninguén acode aos seus concertos, decátanse de que os músicos reais teñen que pagar o seu tributo. Un día todo cambia. Josie and the Pussycats "son descubertas" polo brillante representante Wyatt Frame quen as presenta a Fiona, a Presidenta Executiva de MegaRecords, como a banda estrela dos próximos tempos. Fiona vive para o próximo gran éxito e enseguida coloca a Josie and the Pussycats no camiño da fama, moi por enriba dos seus soños máis disparatados. Pero moi pronto aprenden que non todo é o que parece. Fiona e Wyatt crearon un plan para controlar á xuventude norteamericana a través de mensaxes subliminais nas cancións, nas súas cancións.
Ficha técnica
Ningún comentario:
Publicar un comentario