"O cinema non ten fronteiras nin límites. É un fluxo constante de soños."

Orson Welles



CRIMEN PERFECTO

Director: Alfred Hitchcock (1954)
(Rex. 1878)

A película conta como Tom Wendice (Ray Milland), planea asasinar a súa esposa Margot (Grace Kelly) celoso polas relacións que mantén co escritor Mark Halliday (Robert Cummings) e para cobrar o diñeiro que ela posúe.

Nesta grande obra Hitchcock demostra a súa xenialidade cunha grande dirección de actores, un coidado guión adaptado dunha obra teatral, e unha fantástica posta en escena, nunha película que na súa maior parte transcorre nun pequeno cuarto. A forma en que mantén a intriga como solo el o sabía facer, xunto co bo uso da música de Tiomkin completan esta película que está preto do fantástico nivel das súas grandes obras mestras.


Ficha técnica

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Deseño logo: shouvas