"O cinema non ten fronteiras nin límites. É un fluxo constante de soños."

Orson Welles



PSICOSIS

Director: Alfred Hitchcock (1960)
(Rex. 1877)

Unha moza (Janet Leigh) rouba unha pequena suma de diñeiro do seu traballo e emprende a fuxida. Polo camiño refúxiase para pasar a noite nun lúgubre motel de estrada atendido por un novo encantador chamado Norman Bates (Anthony Perkins). De súpeto, é asasinada. Un detective emprende a súa busca, alertado polos donos do diñeiro que roubou.

Unha das obras mestras do cinema de Hitchcock e, sen dúbida, a máis terrorífica. Contén a famosa escena do asasinato da ducha, que resulta sobrecolledora pola súa rápida montaxe, a súa excelente fotografía en branco e negro e polos acordes de violín da música do mestre Bernard Herrmann. O resto do filme mantén estas características.


Ficha técnica

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Deseño logo: shouvas