"O cinema non ten fronteiras nin límites. É un fluxo constante de soños."

Orson Welles



EL CONCURSANTE

Director: Rodrigo Cortés (2007)
(Rex. 2019)

Martín Circo Martín (Leonardo Sbaraglia), novo profesor asociado de Historia da Economía, acaba de converterse no gañador do maior premio xamais concedido na historia da televisión: máis de 3 millóns de euros en premios de todo tipo. Non obstante, pronto descobre que ser millonario é caro, e non ten o diñeiro para permitirse os premios. Facenda, pola súa banda, reclama a metade das ganancias. Case sen decatarse, Martín vese nunha trampa sen saída, intentando vender todos os premios que gañou. Edmundo Figueroa (Chete Lera), un vello extravagante e disidente, pode ser a súa última oportunidade de escapar. O concurso acaba de empezar...


Ficha técnica

Trailer

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Deseño logo: shouvas