Director: Justin Chadwick (2008)
(Rex. 2024)
Narra a historia de dúas irmás (Natalie Portman, Scarlett Johansson) que compiten polo afecto do rei Enrique VIII. O pai e o tío das dúas irmás Bolena, Ana e María, empurrados polo ambicioso desexo de mellorar o nivel social e o poder da familia, convencen as súas fillas para que conquisten o afecto do Rei de Inglaterra. As mozas deixan atrás a súa vida no campo para trasladarse ao perigoso e apaixonante mundo da corte. Pero as boas intencións das irmás ao querer axudar á súa familia convértense pronto nunha rivalidade sen cuartel para obter o amor do Rei. Nun principio, gaña María, á que o Rei escolle como amante e coa que ten un bastardo. Pero Ana é intelixente, astuta, non teme a nada, e consegue apartar a súa irmá e a lexítima esposa do Rei, a raíña Catalina de Aragón...
Ficha técnica
Trailer
Ningún comentario:
Publicar un comentario