"O cinema non ten fronteiras nin límites. É un fluxo constante de soños."

Orson Welles



PUCHO BOEDO, UN CROONER NA FIN DO MUNDO

Director: Xurxo Souto (2003)
(Rex. 1973)

Ao comezo da Guerra Civil, o pai e o irmán dun neno de nove anos, membros dun sindicato anarquista, foron asasinados. O antídoto vital daquel rapaz sería a música. Na década dos cincuenta xa animaba as festas da súa cidade. Cruzou o Atlántico coa orquestra Os Satélites ate Venezuela. Despois, con Os Tamara, a principios dos sesenta chegou a París. En Suiza, entre as comunidades de emigrantes, a súa voz protagonizou o renacemento da canción en galego, unha lingua prohibida pola Dictadura. Este documental reconstrúe a vida e obra do cantante coruñés Pucho Boedo.


Ficha técnica

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Deseño logo: shouvas