"O cinema non ten fronteiras nin límites. É un fluxo constante de soños."

Orson Welles



ROMASANTA, A CAZA DA BESTA

Director: Paco Plaza (2003)
(Rex. 1982)

Galicia, 1850. Cada día aparecen máis cadáveres e a lenda do home lobo medra. O feirante Manuel Romasanta (Julian Sands) coida de Bárbara (Elsa Pataky) e da súa irmá. Pero Bárbara comeza a sospeitar: ¿Por que Manuel nunca ten medo a cruzar o monte? Inspirada nun argumento do escritor Alfredo Conde, tataraneto dun forense que declarou no verdadeiro xuízo contra Romasanta. O director Paco Plaza tentou recrear un “conto de medo” como a lenda do sacauntos que de neno súa nai, oriunda de Guitiriz, lle contaba. O filme rodouse na Fonsagrada e Sarria (Lugo) e mais en Santiago de Compostela.


Ficha técnica

Trailer

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Deseño logo: shouvas