"O cinema non ten fronteiras nin límites. É un fluxo constante de soños."

Orson Welles



EL ORFANATO

Director: Juan Antonio Bayona (2007)
(Rex. 2026)

Laura (Belén Rueda)regresa coa súa familia ao orfanato no que creceu de nena, coa intención de abrir unha residencia para nenos minusválidos. O novo ámbito esperta a imaxinación do seu fillo, que comeza a deixarse levar por xogos de fantasía cada vez máis intensos. Estes van inquietando a Laura cada vez máis, ata o punto no que chega a pensar que hai algo na casa que está a ameazar á súa familia. A ela acontécelle algo extraordinario e, a pesar de que é unha muller cuns principios moi claros, o seu universo cambaléase poñendo en dúbida todo aquilo no que cría...

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Deseño logo: shouvas