Director:Marjane Satrapi, Vincent Paronnaud (2007)
(Rex. 2034)
Unha moza crece no Irán de la Revolución Islámica. A través dos ollos de Marjane, unha precoz e aberta nena de nove anos, vemos as esperanzas dun pobo rotas ao tomar os fundamentalistas o poder, impoñendo o veo ás mulleres e encarcerando miles de persoas. Intelixente e sen medo, engana os "gardiáns sociais" e descobre o punk, Abba e Iron Maiden. Pero cando o seu tío é executado sen piedade e as bombas caen arredor de Teherán na guerra entre Irán e Iraq, o medo diario que rodea a súa vida é palpable. A medida que medra, a audacia de Marjane fai que os seus pais se preocupen pola súa seguridade. E así, aos catorce anos, toman a difícil decisión de enviala a unha escola en Austria. Vulnerable e soa nun país estraño, resiste os malos tragos típicos dun adolescente. Ademais, Marjane ten que combater o feito de ser equiparada co fundamentalismo relixioso e o extremismo dos que tivo que fuxir. Co tempo é aceptada, e mesmo experimenta o amor, pero tras o instituto atópase soa e cunha terrible nostalxia do seu fogar. Aínda que significa poñer o veo e vivir nunha sociedade tiránica, Marjane decide volver a Irán para estar preto da súa familia. Despois dun difícil período de adaptación, entra na escola de arte e casa, ao tempo que continúa falando contra a hipocrisía que presencia. Aos vintecatro anos, decátase de que aínda que é profundamente iraniana, non pode vivir en Irán. Entón toma a dolorosa decisión de deixar o seu país e marchar a Francia, optimista sobre o seu futuro, e moldeada de xeito indeleble polo seu pasado.
Ficha técnica
Páxina oficial
Guía didáctica
Ningún comentario:
Publicar un comentario