"O cinema non ten fronteiras nin límites. É un fluxo constante de soños."

Orson Welles



ESTACIÓN CENTRAL DE BRASIL

Director: Walter Salles (1998)
(Rex. 2059)






Nos asfixiantes corredores da Estación Central de Brasil de Río de Janeiro, unha antiga mestra gáñase a vida escribindo as cartas que lle ditan as persoas analfabetas que chegan ata ela. Endurecida pola soidade, pola adversidade e polo fluxo diario de rostros desesperados que atravesan a Estación, Dora foi desenvolvendo unha estoica indiferenza con respecto á importancia da súa misión. Cando unha das clientas de Dora morre atropelada á saída da Estación, acaba por facerse cargo do seu fillo orfo, Josué, e comprométese a levalo ata o seu pai, viaxando con el ata unha remota zona do nordés de Brasil. A medida que os autobuses van internando á estraña parella nun terreo cada vez máis descoñecido van superando a súa mutua aversión inicial e achéganse cada vez máis o un a outro para así, ao mesmo tempo, achegarse ao interior de si mesmos.


Ficha técnica


Guía didáctica

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Deseño logo: shouvas