"O cinema non ten fronteiras nin límites. É un fluxo constante de soños."

Orson Welles



2001: UNA ODISEA DEL ESPACIO

Director: Stanley Kubrick (1968)
(Rex. 2246)

A historia da humanidade, en diversos estadios do pasado e do futuro, é narrada na película de ciencia-ficción de culto por excelencia da historia do cine. Hai millóns de anos, nos albores do nacemento do homo sapiens, uns simios descobren un monolito que lles leva a un estadio de intelixencia superior. Outro monolito volve aparecer, millóns de anos despois, enterrado nunha lúa, o que provoca o interese dos científicos humanos. Por último, HAL 9000, unha máquina de intelixencia artificial, é a encargada de todos os sistemas dunha nave espacial tripulada durante unha misión da NASA.


Ficha técnica

Trailer

Guía didáctica

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Deseño logo: shouvas