Director: Tassos Boulmetis (2003)
(Rex. 2247)
Fanis Iakovidis (George Corraface) é un famoso profesor de astrofísica. Ten 40 anos e alcanzou un momento crucial na súa vida, unha encrucillada existencial que a súa ciencia non poderá axudarlle a resolver. O seu avó e mentor, "o avó Vassilis" vive en Istanbul e desenvolveu a súa propia filosofía culinaria práctica, venerada e aplicada polos turcos de forma similar. Fanis non viu o seu avó dende que tiña 7 anos. Por iso, cando o ancián decide repentinamente viaxar a Grecia despois de tantos anos, a súa inminente visita preséntase como unha acontecemento clave na vida de Fanis. Cando os vellos amigos do seu avó chegan á casa de Fanis e están a punto de brindar á súa saúde, unha chamada telefónica infórmao de que o avó Vassilis caeu enfermo de súpeto. Fani vese catapultado de forma inevitable a unha inesperada viaxe cara a Istanbul, unha viaxe de retorno no tempo e no espazo.
Ficha técnica
Trailer
Ningún comentario:
Publicar un comentario