"O cinema non ten fronteiras nin límites. É un fluxo constante de soños."

Orson Welles



BUENAS NOCHES Y BUENA SUERTE

Director: George Clooney (2005)
(Rex. 2252)

Na década dos 50, prodúcese un enfrontamento entre Edward R. Murrow (David Strathairn), presentador das noticias, e o senador Joseph McCarthy, do Comité de Actividades Antiamericanas. Coa firme vontade de informar dos feitos e ilustrar a audiencia, Murrow e o seu incondicional equipo -capitaneado polo seu produtor Fred Friendly (George Clooney) e Joe Wershba(Robert Downey Jr.), dende a sala de redacción da CBS- fan fronte ás presións corporativas e dos patrocinadores para examinar as mentiras e as tácticas alarmistas perpetradas por McCarthy durante a súa "caza de bruxas" comunista. Cando o Senador reacciona acusando o presentador de ser comunista, eríxese unha enorme indignación pública. Naquel clima de medo e represión, o equipo da CBS seguiu adiante sen atender a rogos. A súa tenacidade finalmente pagou a pena cando o mesmo McCarthy tivo que presentarse ante o Senado e foi desposuído de poder unha vez que as súas mentiras e abusos quedaron por fin ao descuberto.


Ficha técnica

Trailer

Guía didáctica

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Deseño logo: shouvas