"O cinema non ten fronteiras nin límites. É un fluxo constante de soños."

Orson Welles



AMERICAN BEAUTY

Director: Sam Mendes (1999)
(Rex. 2254)

Lester Burnham (Kevin Spacey) ten un "serio problema": unha muller (Annette Bening) intelixente, atractiva e elegante, unha filla estupenda; unha casa preciosa cun marabilloso xardín; un fabuloso coche de varios miles de dólares; un traballo estable, cun soldo realmente bo. En definitiva, vive "como ten" que "ser". Pero aos seus corenta e tantos anos, Lester non pode subtraerse a certas cousas: uns veciños máis que estraños, a atracción que exerce sobre el unha amiga da súa filla. E nun intento por revolucionar a súa vida, desencadeará unha reacción en cadea que afectará a todos os que viven ao seu arredor.


Ficha técnica

Trailer

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Deseño logo: shouvas