"O cinema non ten fronteiras nin límites. É un fluxo constante de soños."

Orson Welles



DOS HOMBRES Y UN DESTINO

Director: George Roy Hill (1969)
(Rex. 2238)

Un grupo de pistoleiros novos dedícase a asaltar os bancos do estado de Wyoming e o correo ferroviario da Unión Pacific. O xefe da banda é o carismático Butch Cassidy (Paul Newman), e o seu principal e inseparable compañeiro é Sundance Kid (Robert Redford), outra das pistolas máis rápidas do Oeste. Un día, tras un atraco, o grupo é perseguido polos comisarios da Unión Pacific, provocando a súa disolución. Será entón cando Butch, Sundance e unha guapa mestra de Denver chamada Etta Place (Katharine Ross) formen un trío de románticos fuxitivos que, roubando por oficio e divertíndose co risco, teñen sempre á lei pisándolles os talóns, o que provoca que saian de Estados Unidos viaxando ata Bolivia.

Na súa banda sonora inclúese un dos temas musicais máis fermoso da historia do cine: "Raindrops Keep Fallin' on My Head" de B.J. Thomas.


Ficha técnica


Trailer

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Deseño logo: shouvas