"O cinema non ten fronteiras nin límites. É un fluxo constante de soños."

Orson Welles



MILLION DOLLAR BABY

Director: Clint Eastwood (2004)
(Rex. 2237)


Frankie Dunn (Clint Eastwood) adestrou e representou aos mellores púxiles durante a súa dilatada carreira nos cuadriláteros. A lección máis importante que ensinou aos seus boxeadores é o lema que guía a súa propia vida: por riba de todo, protéxete primeiro a ti mesmo. Tras unha dolorosa separación da súa filla, Frankie foi incapaz durante moito tempo de achegarse a outra persoa. O seu único amigo é Scrap (Morgan Freeman), un ex-boxeador que coida do ximnasio de Frankie e sabe moi ben que tras o arisco exterior do seu colega, hai un home que acode a misa diariamente dende hai 23 anos, buscando unha redención que ata agora o elude. Entón, Maggie Fitzgerald (Hilary Swank)aparece un día no seu ximnasio. Maggie nunca tivo moito, pero si posúe algo que moi pouca xente no mundo ten: sabe o que quere e está disposta a facer o que faga falta para conseguilo. Nunha vida de loita constante, Maggie chegou ata onde está apoiándose no seu innato talento, impasible concentración e tremenda forza de vontade. Pero máis que nada, o que desexa é a alguén que crea nela. A última cousa que Frankie necesita neste mundo é asumir ese tipo de responsabilidade e non digamos de risco. Sen rodeos, descríbelle a Maggie a amarga realidade: ela é demasiado maior, e el non adestra rapazas. Pero a palabra non carece de significado cando non se ten elección. Incapaz de abandonar a súa máxima ambición nesta vida, Maggie machúcase cada día no ximnasio, co único apoio de Scrap. Finalmente, convencido pola inquebrantable determinación de Maggie, Frankie acepta de mala gana adestrala.




Ficha técnica


Páxina oficial


Trailer

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Deseño logo: shouvas