"O cinema non ten fronteiras nin límites. É un fluxo constante de soños."

Orson Welles



EL PADRINO

Director: Francis Ford Coppola (1972)
(Rex. 2249)

Don Vito Corleone (Marlon Brando) é o xefe dunha das cinco familias que exercen o mando da Cosa Nostra en Nova York nos anos 40. Don Corleone ten catro fillos; unha rapaza, Connie, e tres varóns, Santino, ou Sonny (James Caan), como lle gusta que lle chamen, Michael (Al Pacino) e Freddie, ao que envían exiliado a As Vegas, dada a súa incapacidade para asumir postos de mando na "Familia". Cando outro capo, Sollozzo, ao rexeitar o Padriño intervir no negocio de estupefacientes, intenta asasinar a este, empeza unha cruenta loita de violentos episodios entre os distintos grupos.


Ficha técnica

Trailer

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Deseño logo: shouvas