"O cinema non ten fronteiras nin límites. É un fluxo constante de soños."

Orson Welles



LOS CRÍMENES DE OXFORD

Director: Alex de la Iglesia (2008)
(Rex. 2248)

A historia iníciase cando un estudante americano (Elijah Wood) descobre o corpo sen vida da súa caseira, quen no seu pasado soubo ser parte do equipo que descifrou o Código Enigma da Segunda Guerra Mundial. A pouco de ser achada morta, un profesor de lóxica de Oxford (John Hurt) recibe unha nota advertindo que ese é o primeiro dunha serie de asasinatos. Así, o estudante e o profesor únense na busca da persoa detrás das mortes, utilizando códigos matemáticos para encontrar o patrón que segue este asasino en serie....

Baseada no libro "Oxford Murders" (Crimes Imperceptibles), de Guillermo Martínez.


Ficha técnica

Páxina oficial

Trailer

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Deseño logo: shouvas