"O cinema non ten fronteiras nin límites. É un fluxo constante de soños."

Orson Welles



JUNO

Director: Jason Reitman (2007)
(Rex. 2257)

Juno Macguff (Ellen Page) ten 16 anos e é, segundo os adultos que a rodean, máis intelixente do que lle convén. E si, é certo, é enxeñosa, culta, rápida nas respostas, observadora e, sobre todo, sarcástica. Ese sarcasmo é a súa particular trincheira para esconder os seus medos e as dúbidas. A relación que mantén cun compañeiro de clase, Bleeker (Michael Cera), acaba de deixar froito: está embarazada. A el interésalle pouco o asunto, ou máis ben nada. Juno está soa co seu problema pero xa tomou unha decisión: terá o neno e darao en adopción. O seu pai e a súa madrasta están de acordo. Agora hai que encontrar pais adoptivos axeitados. Son Mark (Jason Bateman) e Vanessa (Jennifer Garner), e son ideais. Só que Mark comparte demasiado con Juno, demasiadas afeccións comúns e un entendemento á primeira vista...








Páxina oficial

Ficha técnica

Trailer

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Deseño logo: shouvas