"O cinema non ten fronteiras nin límites. É un fluxo constante de soños."

Orson Welles



THIRTEEN 13

Directora: Catherine Hardwicke (2003)
(Rex. 2256)

Tracy (Evan Rachel Wood), unha moza de 13 anos de Os Ánxeles, queda fascinada por Evie (Nikki Reed), a rapaza máis popular do instituto. Tras facerse moi amigas, e debido á perigosa influencia da "cool" Evie, a antes inocente Tracy verase pouco a pouco atrapada nun trepidante ritmo de vida que nada tiña que ver coa súa anterior vida sedentaria. Tracy embárcase nun mundo salvaxe sobre o que non ten control. Mentres, Mel (Holly Hunter), a nai de Tracy, trata desesperadamente de comprender a radical transformación que está a sufrir a súa filla.


Ficha técnica

Trailer

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Deseño logo: shouvas