"O cinema non ten fronteiras nin límites. É un fluxo constante de soños."

Orson Welles



LOS GIRASOLES CIEGOS

Director: José Luís Cuerda (2008)
(Rex. 2259)

Galicia, anos 40. Cada vez que Elena (Maribel Verdú) pecha a porta da súa casa, bota a chave dos seus segredos. Ao mesmo tempo que sortea os rigores da posguerra, Elena levanta xunto ao seu fillo Lorenzo (Roger Princep) unha fachada de aparencia para ocultar a verdade sobre a súa familia: Elenita (Irene Escolar), a filla adolescente, fuxiu embarazada co seu noivo Lalo (Martín Rivas), un mozo que leva meses nas listas da policía; e Ricardo (Javier Cámara), o seu marido, vive oculto nun oco practicado no dormitorio matrimonial....
Adaptación da aclamada novela de Alberto Méndez, Premio Nacional de Narrativa e o Premio da Crítica en 2005.


Ficha técnica

Trailer

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Deseño logo: shouvas